Seres indóMITOs: Lina Garrido

Pontevedra
21 de xullo 2024

Lina Garrido é unha desas persoas que iluminan calquera lugar co seu sorriso, das que sempre queres ter preto. O seu traballo incansable como xestora deportiva á fronte do Salgueiriños xa comezou a dar froitos

Lina Garrido, candidata do PSdeG en Cerdedo-Cotobade
Lina Garrido, candidata do PSdeG en Cerdedo-Cotobade / PontevedraViva - Arquivo

Lina Garrido é unha desas persoas que iluminan calquera lugar co seu sorriso, das que sempre queres ter preto. O seu traballo incansable como xestora deportiva á fronte do Salgueiriños xa comezou a dar froitos. A súa paixón polo deporte e a súa dedicación a Pontevedra foron claves para impulsar o crecemento e o éxito do club.

 

- Dime unha pregunta que non te gusta que fagan.

A idade, aínda sendo consciente de que é importante cumprir anos.

- Como te defines?

Demasiado sociable.

- De Pontevedra de sempre?

Non, de Cotobade de sempre.

- Como é a túa relación con Pontevedra?

Moi fermosa, a cidade ideal para vivir.

- Cando decides meterte no mundo do fútbol?

Hai moitos anos. Fun concelleira de deportes durante 8 anos e, se hai algo do que estou orgullosa, é de ser unha das fundadoras das escolas deportivas de Cotobade. Ademais, os meus fillos xogan desde os 4 anos e sempre digo que vivo nos campos de fútbol.

- Con cantas nenas comezastes e cantas tedes agora?

Comezamos a tempada pasada con 40 nenas e agora mesmo estamos en período de inscrición. O obxectivo é ir mellorando e crecendo.

- Cales son as tarefas da Vicepresidenta do Salgueiriños?

Teño claro desde o principio que a miña función é traballar para que as nenas que queiran xogar en equipos femininos o poidan facer, cousa que ata agora non existía. Estou segura de que en breve teremos en Pontevedra varios clubs con equipos femininos na súa base.

- Que diferenzas atopas entre os partidos femininos e os masculinos?

Sen lugar a dúbida, os soldos. Ademais, desde a miña humilde opinión, creo que o fútbol feminino é máis técnico e o masculino máis físico.

-No campo quen se porta peor, os pais ou os nenos?

A resposta é obvia. Só hai que dicir que parece que algúns pais esquecen que o desenvolvemento deportivo está estreitamente ligado co desenvolvemento persoal.

- Que importancia ten potenciar a figura de mulleres no fútbol?

 

Ten que ser igual de importante que a figura masculina. Está claro que queda moito camiño por percorrer, aínda que creo que gañar o Mundial supuxo un antes e un despois. Eu sempre falo do efecto Tere Abilleira.

 

- O fútbol feminino ten o apoio institucional que debería?

 

Na actualidade moi pouco. Na anterior lexislatura na Deputación de Pontevedra por primeira vez na historia reflectiuse nas bases das axudas para puntuar máis as licenzas femininas e ademais sacouse unha liña de axudas para impulsar a formación de mulleres adiestradoras. Temos que avanzar da man das institucións.

 

- Un ano sen ir a misa ou un ano sen ir de festa?

A misa.

 

- Dime unha canción que te emocione.

Eras tú de Merche. Choro con moita facilidade.

 

- Dime un "pecado" que practiques con gusto.

Que é iso?

 

- Que hai despois da vida?

Tranquilidade absoluta.

 

- O último capricho que te deras?

Máis que capricho era unha necesidade… un lote de cremas cosméticas.

 

- Cando dixeches por última vez "quérote"?

Hoxe. É unha frase moi habitual no meu día a día.

 

- E para terminar, a quen gustarías de ver nesta sección?

A Tere Abilleira.

 

Para Lina, Pontevedra sabe a calidade de vida, cheira a cultura, é de cor granate e soa a deporte. Definitivamente, Lina Garrido sente Pontevedra.

 

 

O CUESTIONARIO

 

− Nunca saio de casa sen… botarme perfume.

− Na miña neveira sempre hai… iogures.

− No meu armario destaca… as americanas e os vaqueiros.

− A idade é… experiencias.

− Sempre fun o ollo dereito de… o meu pai.

− Pontevedra ten alma de… Capital.

− Creo en… o esforzo diario.

− O ano que marcou a miña vida foi… 2003 e 2007, nacemento dos meus fillos.

− O mellor regalo que me poden facer é… unhas boas risas con amigos/as

− O meu lugar no mundo é… Cotobade

− Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en… Cotobade

− O meu momento favorito do día é… primeira hora da mañá co café e a prensa.

− Pontevedra… é boa vila