Seres indóMITOs: Cuca Vergutini

Pontevedra
28 de xullo 2024

En pleno centro de Pontevedra, a miña querida Pilar Gómez, para todos, Cuca de Afar, ensina coa cercanía que tanto a caracteriza o que ben podería ser un anexo do Museo de Pontevedra

Cuca Vergutini, situada en cuarto lugar pola esquerda, cando foi premiada por Amigos de Pontevedra
Cuca Vergutini, situada en cuarto lugar pola esquerda, cando foi premiada por Amigos de Pontevedra / UNED Pontevedra

Son as 12:15 da mañana dun asollado venres cando a nosa protagonista abre as portas da súa casa.

En pleno centro de Pontevedra, a miña querida Pilar Gómez, para todos, Cuca de Afar, ensina coa cercanía que tanto a caracteriza o que ben podería ser un anexo do Museo de Pontevedra.

As constantes referencias á nosa cidade en figuras, cadros, libros e fotografías acumúlanse polos recunchos outorgando a todas as estancias un efecto teatral con múltiples acentos de cor.

Hei de confesarlles que, agora que a nosa anfitrioa foi a retocarse antes de comezar, non podo deixar de mirar unhas fotografías que ten por toda a casa cun novísimo Julio Iglesias e pensar, ata dónde chegou esa amizade? estarei entrevistando á Isabel Preysler pontevedresa?

Pensándoo ben, sería inxusto comparar a Cuca con Isabel porque compiten en categorías moi diferentes... Isabel nunca será Miss Pontevedra.

Antes de empezar... Algunha pregunta que non soportes?

Que me pregunten pola miña idade...que máis lles dará? Sempre respondo que non o lembro. A xente quere sabelo todo.

Cando dixéronche por primeira vez "qué ojazos tienes!"?

Desde nena. Sempre me visto con algo verde para ir conxuntada coa cor dos meus ollos. O que lamento é que ningún dos meus fillos os herdou.

Como te describirías?

Muller, traballadora, expresiva e sociable.

Sempre quixeches ser muller?

Sempre fun moi feminina, gustábame moito arranxarme e por iso a miña nai me tenía atada en curto. Mandaba ao meu tíou que me acompañara ata o supermercado onde traballaba e viñera a buscarme á saída para que non andase soa por aí... Entendo que a pregunta non vai por aí, pero agora hai debates que non comprendo, a sociedade está moi cambiada. Gustábame más a sociedade de antes.

Que botas de menos da sociedade de antes?

Os valores de antes, a empatía, a educación, non había tanto malos tratos... Vexo que agora as mozas saen ata as 7 da mañana... Na miña época iso era impensable. Eu ás 9 xa estaba na casa. Agora non se respecta nin o matrimonio.

Como lembras o momento no que te independizaches?

Foi moito más sinxelo que como o teñen os mozoss na actualidade. Casei con 22 anos e mudeime á casa da beira da da miña nai. Cando tiven ao meu terceiro fillo tivemos que mudarnos porque se nos quedaba pequena e levei á miña nai comigo.

Algunha manía que herdases da túa nai?

Moitísimas. Como sempre vivimos xuntas, os meus fillos tiveron moita relación con ela e agora dinme que fago todo igual que que a miña nai. Sobre todo os guisos.

Nas túas primeiras eleccións democráticas tras a Ditadura, a que partido votaches?

A Alianza Popular, aínda que sempre me levei ben con todo o mundo. O meu marido dicía que éramos empresarios, e que todos eran clientes por igual. Agora moitas veces non vou votar.

Como ves a política local?

Está moi crispada. Lores aínda saúdome o outro deía, en galego como sempre. Respéctame, pero é demasiado serio. A Iván Puentes téñolle moitísimo cariño, eu apóioo porque me parece unha boa persoa. Sempre me tratoou moi ben.

E Rafa Domínguez?

Sen comentarios.

Cal é o rumor más desatinado que escoitaches sobre ti e che gustaría confirmar ou desmentir?

A miña historia con Julio. Debo de ser a única muller no mundo que puido ter algo con el e non quixo. Eu xa estaba casada e con fillos cando nos coñecimos e sempre fun unha muller seria. Cando me convidou ao Gran Hotel La Toja, el insistiume moito, pero eu expliqueille que non podía ir...  A tomar unha copa si, pero nada de durmir alí. Logo, durante aos mandou discos e camisetas asinadas a través do seu mánager. Eu sígoo querendo moito.

Se puideses compartir un día da túa vida con calquera persoa, a quién elixirías e que farías?

A miña nai. A coidaría moito. Non me separaría de ela.

Algún delito confesable? Que prescribise, claro...

Ningún que eu lembre. Sempre fun moi boa.

Cal é a escusa que máis usas para evitar un plan que non che apetece?

Ui! Son moi sincera pero para abreviar digo que teño que ordenar a casa e andando.

O maior capricho que te deras sen pensalo dúas veces?

O coche que me acabo de comprar, un Toyota híbrido.

E arrepínteste?

Para nada! Estou encantada. Tiven 9 Mercedes, BMWs... Encántame conducir. Gustaríame seguir montando en moto pero os meus fillos non queren. Fun a primeira muller de Pontevedra en conducir unha e era marabilloso. Son moi aventureira... Ata fun en globo!

Cal é a persoa más importante que tes na túa axenda de contactos? Teño o teléfono de todo o mundo...

Para min, os dos meus dous fillos que non viven en España.

Que cres que hai despois da morte?

Dixeras que a entrevista ía ser fácil (risos). Pois devecería con atoparme cos meus pais e o meu marido pero non o creo, aínda que sigo tendo algunha esperanza. Soño moito con eles.


Cando dixeches por oúltima vez ‘Quérote’?

Todas as noites ao meu fillo.

E para terminar, Cuca, dime alguén anónimo do teu día a día que mereza unha entrevista.

A verdade é que me metes nun compromiso... Moitos amigos e amigas da miña contorna.

A Cuca, que se define como “de aquí de sempre, aínda que filla dunha italiana", Pontevedra chéiralle a infancia, vea de cor verde, sóalle a Un Canto a Galicia e sábelle ao milfollas de Solla. Definitivamente, Cuca SENTE Pontevedra.

 

 

  • O cuestionario:

Nunca saio de casa... Sen pintarme os beizos
Na miña neveira sempre hai... Unha botella de viño
No meu armario destaca... A miña colección de chapeus
A idade é... Unha boa experiencia
Sempre fun o ollo dereito de... A miña nai
Pontevedra ten alma de... Nai
Creo en... Deus
O ano que marcou a miña vida foi... O 1965, cando casei.
O mellor agasallo que me poden facer é... Acordarse de min.
O meu lugar no mundo é... A Praza da Peregrina
Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en... Noia ou Italia
O meu momento favorito do día é... A sobremesa con sesta incluídá

Pontevedra... Está no meu corazón