Hoxe a nosa protagonista é Cristina, a moza emprendedora responsable da firma Trúlock. Poida que o nome sóelles por ser o apelido materno dun coñecido escritor, e é que Cristina é sobriña do mismísimo Camilo José Cela e Trúlock, do cal sente profundamente orgullosa. Cristina non só creou unha tenda de roupa única e vibrante, senón que tamén revitalizou a esencia da cidade coa súa paixón e creatividade. Apenas uns minutos de conversación con ela serven para constatar que os estampados da súa tenda reflicten a vitalidade da súa persoa.
-Dime unha pregunta que non te guste que che fagan
Non teño problema, contesto a todo
- Como te definirías?
Traballadora, faladora, optimista, obstinada… feliz.
- De Pontevedra de sempre?
Non de nacemento, pero levo desde os 4 anos. Son PTV!
- Como é a túa relación con Pontevedra?
É o meu fogar, onde esta parte da miña familia e amigos.
Adoro Pontevedra, é a cidade máis bonita. É o meu lugar!
- Cando che empezou a atraer a moda como unha saída profesional?
Sempre me gustou a moda, de feito, coso moito e facíame algunha das miñas pezas. Dediqueime doutra banda á creación e deseño de camisolas durante anos e tamén traballaba noutras empresas de moda levando as redes sociais. Hai uns anos tomei a decisión de emprender o meu negocio porque tiña claro o que quería e como enfocalo.
- Cando decides dar o paso de emprender?
Na pandemia decidín que era o momento. Estar encerrada fíxome pensar e organizarme para levalo a cabo.
- É fácil emprender en Pontevedra?
Traballando duro e con ilusión sáese adiante, aínda que en cidades pequenas costa máis.
Formas parte do proceso de deseño das pezas que vendes?
Algunhas pezas si son deseños de Trúlock e gustaríame ampliar o volume de deseño aos poucos. Outras son de diferentes talleres.
Onde se fabrican os teus produtos?
España, Italia e Francia.
- Que ideas propoñerías a túa para activar o comercio?
Pois feiras de negocios locais na propia cidade, desfiles de moda… máis eventos a pé de rúa que mobilicen á xente.
- Un ano sen ir a misa ou un ano sen ir de festa?
A misa vou de cando en vez a ver a San Antonio e a San Francisco, que me relaxa, e de festa tamén de cando en vez…é saúde.
-Dime unha canción que te emocione.
Teño varias para diferentes emocións, This is the last estafe de Keane faime chorar e Back in black, de ACDC, dáme subidón, por exemplo.
-Dime un "pecado" que practiques con gusto.
Os regalices apaixónanme!
- O último capricho que te deras?
Pois unha viaxe que vou facer en breve coas miñas fillas.
- Cando dixeches por última vez "quérote"?
Hai un ratiño.
- A quen che gustaría ver nesta sección?
Á miña amiga de toda a vida Cheche de Doppiache, outra PTV.
Para Cristina, Pontevedra sabe aos seus recordos, cheira a mar, a terra húmida, a polbo e a luras, é de cor gris pedra e soa a nenos xogando na praza do Teucro. Definitivamente, Cristina Trúlock sente Pontevedra.
O CUESTIONARIO
− Nunca saio de casa sen… o meu bolso, móbil, lentes de sol e barra de beizos.
− Na miña neveira sempre hai… zume de laranxa.
− No meu armario destaca… a miña colección de bolsos.
− A idade é… vida.
− Sempre fun o ollo dereito de… o meu pai.
− Pontevedra ten alma de… festa e alegría.
− Creo en… o amor.
− O ano que marcou a miña vida foi… cando naceron as miñas fillas Catalina e Carlota.
− O mellor regalo que me poden facer é… flores e tempo de risas.
− O meu lugar no mundo é… Pontevedra
− Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en… Madrid co meu mozo, sempre vindo a Pontevedra o máis posible.
− O meu momento favorito do día é… 8:30 am, o meu té e eu lendo as noticias
− Pontevedra… a miña cidade querida.