O Museo Municipal Manuel Torres, a praza de abastos e o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor son os tres espazos municipais que veñen de acadar o selo SICTED Rías Baixas (Sistema Integral de Calidade Turística).
Este distintivo, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo, engloba tanto a servicios ofrecidos por empresas como a operadores turísticos, tanto privados como públicos, que contribúen a unha mellor experiencia turística no destino.
Para acadar a distinción, pasáronse unha serie de auditorías previas en cada unha das instalacións, comprobando a súa xestión turística, os servizos que ofrecen, a atención, os horarios, a calidade entre outros aspectos.
O Concello valora estes distintivos como "un avance máis dentro da profesionalización e mellora que se quere impulsar desde Marín".
O goberno local quere "seguir traballando na nosa terra como un destino de turismo de calidade, sostible e desestacionalizado, centrado na cultura, na natureza, na arte e na gastronomía", sinalaron nun comunicado.