Segunda noite en Ravella das traballadoras de Alfageme

O Salnés
17 de outubro 2012

Reivindican que a Xunta de Galicia resolva esta semana, co xoves día 18 como data tope, o concurso de venda das dúas fábricas de Ribadumia e Vilaxoán xunto coa marca Miau que iniciou o Igape.

Traballadoras de Alfageme no salón nobre do Concello de Vilagarcía
Traballadoras de Alfageme no salón nobre do Concello de Vilagarcía

As traballadoras de Alfageme na planta de Ribadumia asesoradas polo sindicato CIG, manteñen un peche no concello de Vilagarcía.

Con mantas e sacos de durmir pasaron a noite no interior do edificio á espera dalgunha resposta.

Reivindican que a Xunta de Galicia resolva esta semana, co xoves día 18 como data tope, o concurso de venda das dúas fábricas de Ribadumia e Vilaxoán xunto coa marca Miau que iniciou o Igape.

"Quen protesta as traballadoras ou algún sindicato?", preguntou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, referíndose a este peche, ⿿porque pode haber algún sindicato, que ten unha persoa con interese nalgún partido político, que está politizando esta situación⿝.

Refírese en concreto, o conselleiro e número 3 das listas do PPdeG por Pontevedra, Javier Guerra, á representante do sindicato CIG e tamén candidata do BNG aos comicios, Rosa Abuín, á que acusou de instrumentalizar este conflito con fins partidistas.

Pola súa banda Abuín defendeuse asegurando que logo de tres anos de conflito as traballadoras "nunca pensamos que este conflito ía chegar ata as elecciones" e destacou que a solución "está nas mans da Xunta", dixo a sindicalista criticando ao conselleiro pola súa "irresponsabilidade".

Mentres, Guerra recordou que ⿿foi o goberno anterior⿝ o que lle deu unha axuda de 30 millóns de euros ⿿a unha empresa que non tiña viabilidad⿝.

⿿Imaxínese que eu lle dou unha axuda a unha empresa estando en funcións, sería cando menos rechamante⿝, afirmou durante unha visita a Factoría Naval en Marín.

O proceso, segundo recoñeceu o conselleiro, está paralizado á espera da resolución do ⿿amplo e complicado⿝ recurso presentado pola familia Lago, expropietaria de Alfageme, contra o concurso para a venda da conservera.

⿿O problema é que a familia está empregando todas as súas artes xurídicas, e nós temos que contestar a todo de xeito impecable para non xerar un problema no futuro⿝, concluíu Guerra.

Arquivado en