Seguen a descender os casos e baixa a presión hospitalaria na área

Pontevedra
22 de febreiro 2021

Continúa o descenso de casos de covid nesta terceira onda da pandemia e este luns 22 de febreiro xa son 1.078 os casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Son 72 menos que onte domingo. Nas últimas 24 horas curáronse 100 persoas e contaxiáronse 29

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo / Cristina Saiz

Continúa o descenso de casos de covid nesta terceira onda da pandemia e este luns 22 de febreiro xa son 1.078 os casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Son 72 menos que onte domingo.

Nas últimas 24 horas curáronse 100 persoas e contaxiáronse 29.

A área sanitaria mantén 64 pacientes de covid-19 ingresados en planta de hospitalización.

Concretamente hai 56 pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 7 no Hospital do Salnés.

Baixa a presión na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo donde hai 17 pacientes críticos de coronavirus.

Así mesmo, permanecen 997 casos de Covid-19 evolucionando nos seus domicilios.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 10.906 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 146 pacientes. 

A última vítima mortal rexistrouse este domingo en Montecelo, unha muller de 91 anos, que presentaba patoloxías previas.

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 676, que se engaden ás 160.872 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.066, deles 2.647 son da área da Coruña, 795 da de Lugo, 578 da de Ourense, 1.078 da de Pontevedra, 1.261 da área de Vigo, 869 da de Santiago e 838 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 146 están en UCI, 583 en unidades de hospitalización e 7.337 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 100.726 persoas curadas, rexistrándose 2.176 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.630.293.