Seguen a baixar os casos de coronavirus

Pontevedra
20 de febreiro 2022

Son 3.152 os pacientes con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita pola Consellería de Sanidade este domingo 20 de febreiro, son 240 menos que onte sábado. Nas últimas 24 horas curáronse 395 persoas e detectáronse 154 novos casos abertos

Xente paseando con mascarilla xunto á Peregrina
Xente paseando con mascarilla xunto á Peregrina / Cristina Saiz

Son 3.152 os pacientes con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita pola Consellería de Sanidade este domingo 20 de febreiro, son 240 menos que onte sábado. 

Nas últimas 24 horas curáronse 395 persoas e detectáronse 154 novos casos abertos.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este domingo que hai un total de 80 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 4 menos que onte. Son 69 (catro menos que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 11 no Hospital do Salnés. 

Seguen sendo 3 os pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, outras 3.069 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 52.879 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 255 pacientes.

En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 429 probas, que se engaden ás 398.136 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 227.807 probas de antígenos e outras 123.031 probas de detección da covid-19.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 28.539 deles 6.089 son da área da Coruña, 3.210 da de Lugo, 3.321 da de Ourense, 3.152 da de Pontevedra, 5.855 da área de Vigo, 5.052 da de Santiago e 1.544 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 543 en unidades de hospitalización e 27.964 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 454.837 persoas curadas, rexistrándose 3.074 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.668.736.

O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.518.539.