Continúa o descenso de casos de covid na área sanitaria de Pontevedra O Salnés tras superarse o pico da sexta onda.
A última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria sinala que este xoves 17 de febreiro hai un total de 3.732 casos activos, son 86 menos que onte mércores. Nas últimas 24 horas curáronse 340 persoas.
Así, este martes o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica 255 novos casos abertos nas últimas 24 horas.
Hai un total de 88 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 5 menos que onte.
Son 72 (tres menos que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 (un menos) no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 15 (un menos) no Hospital do Salnés. Baixan a 4 (un menos) os pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 3.640 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 51.693 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 253 pacientes, o último un home de 89 anos, que presentaba patoloxías previas.
En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 384 probas, que se engaden ás 396.696 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 226.433 probas de antígenos e outras 122.503 probas de detección da covid-19.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 33.355 deles 7.284 son da área da Coruña, 3.611 da de Lugo, 3.707 da de Ourense, 3.732 da de Pontevedra, 7.025 da área de Vigo, 5.871 da de Santiago e 1.728 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 562 en unidades de hospitalización e 32.757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 444.235 persoas curadas, rexistrándose 3.061 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.654.731. O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.508.220.