Continúa a I Semana Grande de Festas de Soutomaior, que se iniciaba o venres 2 e continuará ata o mércores 7 de agosto.
Este luns, a diversión chega ao Torreiro da Feira do Dez en Candán, coa actuación da orquestra La Misión. Será a partir das 22.30 horas.
A continuación, ás 00.15 horas, está previsto un espectáculo pirotécnico de lucerío.
A xornada do martes 6 de agosto iniciarase con sesión vermú na contorna da Igrexa de San Salvador con animación de Balbuena & Seoane; un concerto da banda artística de Arcade e, por último, unha verbena no Torreiro do Dez en Candán coa orquestra Cine.
As festas finalizarán o mércores 7 coa Romaría de San Caetano e unha sesión vermú na Ermida de San Caetano, no castelo de Soutomaior.
Para facilitar o acceso e chegada ao Torreiro da Feira do Dez na Candán dende o concello de Soutomaior facilitan este luns 5 de agosto e o 6 de agosto, un servizo de autobús lanzadeira que irá dende a rotonda da Montesiña ata a Candán en horario de 21:30 a 23:30 h. e de 00:00 a 2:30 h. O percorrido do bus será continuo de ida e volta nos horarios indicados.
Numeroso público asiste durante estes días ao municipio de Soutomaior para participar nas actividades gastronómicas e festivas convocadas na primeira edición deste evento.
Durante a fin de semana celebrouse o Día da cociña de Soutomaior.
Durante o acto rendían homenaxe, coa presenza do alcalde Manu Lourenzo, a cociñeiras e cociñeiros do Concello.
Os mestres gastronómicos de Soutomaior: Joaquín Lema, Suso Falcón, Luciano Falcón, Rebeca Moares e Luís Martínez ofreceron na xornada do domingo unha selección de exquisitos petiscos, de balde, para toda a veciñanza.