Segue en aumento o número de ingresos por covid: 87 pacientes hospitalizados na área sanitaria

Pontevedra
07 de febreiro 2022

A Consellería de Sanidade informa de cinco ingresos máis este luns 7 de febreiro nos hospitais dos distritos de Pontevedra e O Salnés. O número de casos activos na área baixa a 5.731, 326 menos que onte. Rexistráronse 344 novos contaxios nas últimas horas nas 703 probas realizadas. Saúde Pública informa da morte de catro persoas infectadas durante as últimas horas en Galicia

Datos covid-19 na área sanitaria este luns 7 de febreiro de 2022
Datos covid-19 na área sanitaria este luns 7 de febreiro de 2022 / Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

A Consellería de Sanidade comunicou que este luns se atopan 87 pacientes ingresados con infección activa de covid-19 nos centros hospitalarios dos distritos de Pontevedra e O Salnés. Trátase de cinco máis que na xornada do domingo. 

63 pacientes recupéranse en planta do Hospital Montecelo, seis máis que onte; 14 mantéñense no Hospital  do Salnés e 3 permanecen no Hospital  Quirón Saúde. A eles súmanse 7 pacientes, un menos que o domingo, na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Nas últimas 244 horas realizáronse 703 probas diagnósticas co resultado de 344 novos contaxios, 13 menos que os detectados o domingo.

Nesta xornada hai 5.731 casos activos na área sanitaria, 326 menos que onte. 5.644 recupéranse nos seus domicilios. Non se rexistraron falecementos durante os últimos días, polo que a cifra mantense en 246 decesos desde o inicio da pandemia. Curáronse un total de 46.654 pacientes, 670 máis que onte.

DATOS EN GALICIA

Galicia tamén ofrece datos de maior carga hospitalaria debido aos casos covid con 737 persoas hospitalizadas en planta, 46 máis que na xornada do domingo. Ademais hai 48 pacientes nas UCI, dous máis que onte.

Seguen diminuíndo os casos activos, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Este luns rexístranse 53.706 positivos, 3.861 menos que na xornada do 6 de febreiro. 

Os casos atópanse repartidos desta forma por áreas sanitarias: Vigo: 13.724 (-1.211); A Coruña-Cee: 11.596 (-764); Santiago-O Barbanza: 9.390 (-573); Pontevedra-O Salnés: 5.731 (-326); Lugo: 5.573 (-343); Ourense: 5.185 (-486); e Ferrol: 2.507 (-158).

Nas últimas 24 horas detectáronse 2.738 novos positivos en Galicia. A cifra reflicte 343 contaxios diarios menos respecto a os notificados o domingo e 1.508 menos en relación ao pasado luns.

Saúde Pública informou de 4 novas mortes de persoas infectadas durante a última xornada, que elevan o número de falecementos relacionados coa pandemia a 2.976 en Galicia.