Segue a solidariedade co pobo de Ucraína

Ponte Caldelas
07 de abril 2022

Distintas iniciativas de colectivos e persoas particulares da comarca súmanse estes días á gran onda de solidariedade co pobo de Ucraína.

Cadro cedido polo artista local Faustino Ucha
Cadro cedido polo artista local Faustino Ucha / Concello de Poio

Distintas iniciativas de colectivos e persoas particulares da comarca súmanse estes días á gran onda de solidariedade co pobo de Ucraína.

Por exemplo, este xoves a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns fixo entrega a Cáritas de Ponte Caldelas dos 517 euros recadados durante a celebración, a semana pasada, da función de teatro musical solidaria co pobo de ucraína ofrecida polo grupo "Os Ilusionistas" de Ponte Caldelas, no Centro Sociocutural da parroquia.

O presidente desta asociación, Antón Xil, acompañado polos socios Paco Lira, Manuel Rocha, Lidia Torres e Agapito Sestelo, fixo entrega ao director de Cáritas Ponte Caldelas, Manolo Lois, e ao tesoureiro da ONG humanitaria, Carlos Vidal, a cantidade recadada.

Por outra banda, o material de axuda humanitaria que foi recollido durante a celebración do espectáculo solidario e tamén durante a Festa da Cacheira e que permanece almacenado na Cultural de Forzáns será entregado en breve á Agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea na súa subsede da Lama para que forme parte do camión que periódicamente sae de Galicia rumbo a Ucraína.

POIO

Ademáis, a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Poio, Rosa Fernández, fixo entrega do cadro cedido de xeito altruísta polo artista local Faustino Ucha, á persoa gañadora do sorteo solidario organizado para recadar fondos en favor do pobo ucraíno. 

A través desta iniciativa xuntáronse máis de 1.200 euros, aos que hai que engadir outros 4.000 que o Concello destina a través do seu Fondo de Emerxencia Social. Estas contías serán entregadas ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que está a realizar un gran labor en Ucraína para auxiliar ás persoas que están a padecer o conflito bélico iniciado pola invasión de Rusia. 

Arquivado en