Representantes do Consorcio de Residuos de Segovia transladáronse ata Pontevedra para coñecer en profundidade o plan Revitaliza, que trata sobre a xestión de composta na provinicia.
O presidente do Consorcio Provincial de Medio Ambiente de Segovia, Mario Pastor de la Cruz, e a técnica María Teresa Herrero Encinas explicaron que coñeceron o proxecto do Revitaliza en varias reunións técnicas, a última nas xornadas de Composta en Rede en Valladolid.
Con este motivo reuníronse co asesor da Deputación, Carlos Pérez, quen lles achegou información sobre as cifras de implantación na provincia de Pontevedra, os resultados, os investimentos e as perspectivas de futuro, ademais de visitar varios centros de compostaxe comunitaria.
Ambos os representantes do Consorcio explicaron que unha das cuestións que máis interesa do plan Revitaliza é a aposta por unha man de obra formada e cualificada que substitúe unha loxística de vehículos e unha estratexia de recollida dun modelo máis básico.
Desde o órgano de Segovia explican a viabilidade deste proxecto "vimos que a formulación era cambiar totalmente o modelo que nós temos agora de recollida en todos os municipios por outra estratexia moito máis adaptada á nosa realidade, que tamén somos poboación moi dispersa. Agora estamos co reto de cambiar o modelo"