Se bebes non conduzas e se chove, non quedes na casa!

Poio
16 de novembro 2014

A blogueira Sylvie Tartán ofrece nesta reportaxe a posibilidade de buscar alternativas gastronómicas e de ocio ante a presenza de chuvia. Nesta ocasión realiza unha visita a un coñecido restaurante de Poio e tamén comproba a magnitude cósmica da última película de Christopher Nolan

Restaurante Casa Ces
Restaurante Casa Ces / Sylvie Tartán

Queridos lectores, a pesar da borrasca, a vida segue e ademais é igualmente disfrutable que con anticiclón. Palabra de chuvasco! O único que hai que facer é alterar un pouco os plans, poñer boa cara e mellor actitude e dar grazas porque aquí, polo menos, non hai problemas de seca. Tampouco habería problemas de escaseza de recursos enerxéticos se puidésemos aproveitar os raios enlos mundos de Yupi. E Yupi parece que non está disposto a invitarnos a súa feliz galaxia.

Volvamos ao asunto do plan. Como xa sabedes, un dos meus entretementos favoritos que, curiosamente, tamén satisfai unha necesidade vital, é comer. Hoxe quero renderlle homenaxe merecido a un restaurante que coñezo dende hai décadas e que nunca me fallou: Casa Ces, en Avenida Porteliña, 15, Poio.  Todo un clásico! Dende 1908, (eu empecei a ir un pouquiño máis tarde) esta casa leva dando de comer a propios e estraños. Agora está en pleno auxe: a súa especialidade é a caza e estamos en tempada. Alí funme para deleitarme cos seus pratos "cinexéticos" que compiten na carta cun marisco de excelente calidade. Todo iso aderezado co cariño, o bo facer e a simpatía de Ramón, que é quen o rexenta. Pasen e vexan... e se queren degustar, chamen inmediatamente para facer a súa reserva. 986 87 29 46.

subir imagen

A sala, sempre impecable.

subir imagen

Empanada de tronco de bonito, fantástica!

subir imagen

Croquetiñas de centollo, a bomba! Ou máis ben as balas.

subir imagen

Sempre pan de trigo e pan de millo a escoller polo comensal.

subir imagen

O veado con plátano e filloa rechea de pementos do piquillo.

subir imagen

A perdiz con castañas e cebola. Prato sanote e apetecible salvo para as perdices.

subir imagen

Patacas de Xinzo de Limia que combinan con todo. Un "must"!

subir imagen

De sobremesa, as súas míticas canas, nésperas recheas de crema bañadas en tóffee e crema catalá (non separatista, salvo que o cliente a pida así ex profeso).
Para baixar semellante comellón non serei eu quen vos aconselle ir a correr, algo que está agora tanto de moda e que pode dar a cardiólogos, fisioterapeutas e funerarias cantidades inxentes de traballo e diñeiro, a partes iguais, nun futuro próximo. Eu, o que recomendo é dar un xiro de 180º e dirixir o voso corpo coa barrigotaen carreta, se se precisa necesario, a ver unha boa peli ao cine. Si, ao cine. Recordades aquelas salas onde se vían películas? No meu caso, sígoas utilizando e encántanme, que lle vou facer. Gústame o clásico cun punto moderno.

subir imagen

A película escollida foi Interestellar unha recente estrea que promete poñer de moda á NASAe aos astronautas contando a historia dun grupo de exploradores do espazo que buscan un lugar alternativo á Terra ao terse feito inviable a continuidade da vida no devandito planeta. E esta moda espacial -que estou seguro estase a xerar- vai chegar ao punto de ignición coa sonda Philae e aquí, o bo, é que xa non estamos a falar de ficción, porque esa sonda existe e foi enviada pola ESA (Agencia Espacial Europea) coa misión de pousarse sobre un antigo cometa e solicitar información. Nin que dicir ten que o tema se está a desenvolver con éxito e interese a nivel mundial.

subir imagen

  • Imaxe tomada pola ESA, na que se mostra o cometa e o módulo de aterraxe Philae na súa misión pioneira.

E a min, que me resulta un misterio insondable como dun disco pode saír música, estes acontecementos me fascinan e tolean. Entre a comida, a película e a noticia cósmica, (creo que non me deixo nada), asegúrovos que cheguei á casa farturenta de felicidade baixo a sarabia e a tormenta.

subir imagen

Ah! Pois parece que si, que me deixaba un detalle.  O rico viño de Casa Ces, "Habla del Silencio", con aromas de grosella e estética minimalista, que pode ser, pode ser, alterase algo a miña imparcialidade sobre este día. Ejem.
Bicos, abrazos e ata a próxima!