SATSE denuncia ante a Inspección de Traballo a alta porcentaxe de profesionais de enfermería infectados por covid en Pontevedra

Pontevedra
26 de outubro 2020

O Sindicato de Enfermería amosa a súa preocupación porque este sector profesional non está incluído no deseño dos protocolos e alertan da falta de atención por parte da xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, que dirixe José Ramón Gómez

A secretaria provincial de sindicatos SATSE de enfermería e fisioterapia, Emma Rodríguez
A secretaria provincial de sindicatos SATSE de enfermería e fisioterapia, Emma Rodríguez / Boris Rodríguez Pintos

A falta dun uniforme adecuado para os profesionais de enfermería que se atopan realizando probas na zona de Covid Auto provocou que o Sindicato de Enfermería SATSE presentara unha denuncia ante a Inspección de Traballo.

Este sindicato sinala que se enfrontan a condicións adversas como choiva, vento e baixas temperaturas mentres realizan as probas e, a pesar das queixas, desde a xerencia só dotáronlles dun polar que non lles protexe da choiva. Alertan de que continúan con zocos perforados e roupa intrahospitalaria, en lugar de utilizar pezas extrahospitalarias como se debería corresponder nesta situación. Sinalan que os días de choiva intensa, o persoal terminou empapado cos pixamas pegados ao corpo e os zocos mollados durante toda a xornada laboral.

Insisten tamén en que o xerente José Ramón Gómez da área sanitaria non atende as reclamacións do sector de enfermería tanto nas unidades de urxencias, hematoloxía e trauma de Montecelo como de diálise e oncoloxía do Hospital Provincial.

Emma Rodríguez, secretaria provincial de  SATSE, afirma que non se está a ter en conta a convivencia entre profesionais nas unidades de traballo, así como o material e as superficies que comparten, á hora de tomar medidas para previr a expansión do covid-19. Esta situación, sinala, posiblemente se atope relacionada co alto número de  contagios que se están rexistrando no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. 

Rodríguez lamenta que non se tivera en conta ás enfermeiras para establecer os protocolos. Desta forma denuncia que para a elaboración do novo protocolo na unidade de Urxencias hai uns días só se pedía opinión á unidade de prevención de riscos laborais, medicina preventiva, xefe de servizo e unha doutora da unidade, pero en ningún momento se consultou cunha representante das enfermeiras, asegura a dirixente de SATSE.

Con todo, os datos demostran que o 34% dos contaxios por covid producíronse entre profesionais de enfermería, quince puntos por encima do segundo grupo de profesionais afectados nesta área sanitaria, os Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería, cun 21%. O 20% corresponde a médicos, segundo os datos ofrecidos polos servizos centrais do SERGAS. 

Emma Rodríguez pregúntase como é posible que sendo as enfermeiras as que mellor seguen os protocolos de hixiene de mans, contando coa mellor valoración nas auditorías de Medicina Preventiva, son o sector sanitario máis afectado á hora de enumerar os contaxios por coronavirus. "Non se ten en conta ás enfermeiras á hora de elaborar os protocolos. Esta xerencia destácase por obviar o criterio clínico dos profesionais de Enferermía", asegura a representante do SATSE.

O sindicato tamén critica a falta de colaboración e de información por parte da Xerencia para facilitar datos sobre os contaxios rexistrados entre as distintas categorías profesionais do  Complexo Hospitalario.