Esta fin de semana celebrouse en Poio a XII Concentración A Rosa dos Ventos que mesturou rutas en moto, gastronomía e concertos.
O alcalde, Ángel Moldes, manifestou que "despois dun fin de semana motero en Poio e unha concentración histórica, quería agradecer o traballo dos verdadeiros protagonistas que levan traballando durante todo ano para poder organizar unha concentración expectacular", en primeiro lugar agradeceu "ao Motoclub A Rosa dos Ventos e a toda súa xente" e tamén "a colaboración de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local, empresa de deguridade, operarios do concello e a todas as persoas que colaboraron de algunha maneira para facer posible a concentración de Poio e como non a todos os moteiros que se achegaron a Poio".
A concentración comezou o venres cunha ruta de antorchas e incluiu os concertos da banda de rock Awen Cross e os Mojinos Escozíos.
Xa o sábado, houbo sesión vermut con música rock dos 80 e 90 con Kike DJ, e pola tarde xogos e actividades que precederon a unha ruta moteira polo concello.
Houbo tamén unha degustación de mexillón galego con receita de Pepe Solla e exhibicións de Stunt a cargo do piloto profesional A.V. Campos. Para rematar o día cea de confraternidade e entrega de diplomas e trofeos.
O domingo, a ruta motera comezará achegouse ata o Lago de Castiñeriras, para remantar cunha comida de confraternidade con todos os participantes chegados desde diferentes puntos da xeografía do país.