Satisfacción municipal polo número de visitantes aos petróglifos de Mogor

Marín
15 de setembro 2015

A afluencia de visitantes ao Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor no mes de agosto foi moi alta, cun incremento do 35% con respecto ao mes de xullo, o cal foi valorado pola concelleira de Turismo, Cristina Acuña coma un dato "espectacular", tendo en conta que o centro leva aberto pouco máis de dous meses

Centro de interpretación dos Petroglifos en Mogor
Centro de interpretación dos Petroglifos en Mogor / PP de Marín

A afluencia de visitantes ao Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor no mes de agosto foi moi alta, cun incremento do 35% con respecto ao mes de xullo, o cal foi valorado pola concelleira de Turismo, Cristina Acuña coma un dato "espectacular", tendo en conta que o centro leva aberto pouco máis de dous meses.

Sen dúbida o dato esta relacionado directamente co feito de ser agosto o mes con maior número de turistas na comarca, como se reflicte tamén nas estatísticas de público visitante. O total acumulado dende a data de apertura (na última semana de xuño) é de 2.237 visitantes, "sen dúbida uns magníficos resultados", salientou a concelleira.

Os días de máis afluencia foron o sábado e o domingo.

As visitas guiadas nocturnas continuaron a ser un éxito absoluto, cunha grande afluencia que representa en torno ao 16% do total de visitantes, e tan só supoñen en torno ao 3% do total de horas de funcionamento do centro.

Por idades o número de visitantes está bastante repartido, se ben ten un predominio claro o tramo de entre 40-50 anos e a continuación con cifras parellas os tramos de entre 30-40 e entre 50-70 anos.

En canto á procedencia e, a diferenza do que ocorría en xullo, predominan os visitantes do resto de España (excluído o de Galicia), sendo Madrid a comunidade autónoma con máis visitantes, incluso por riba do número de visitantes galegos.

Arquivado en