Chega unha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" cunha proposta que combina bo sabor e beneficios para a saúde. Conservas Pescamar tráenos un produto estrela na dieta atlántica: a sardiña en aceite de oliva.
A sardiña é o peixe máis popular dos chamados azuis. As súas graxas de alta calidade axúdannos a reducir os niveis de colesterol e triglicéridos e contribúen ao mantemento da saúde cardiovascular.
Esta receita ofrécenola oFROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. Na súa páxina web, lémbranos os valores nutricionais da presentación dos peixes en conserva, entre os que destaca os enlatados "en aceite de oliva, xa que unen ás calidades positivas dos ácidos graxos poliinsaturados Omega 3, o feito de que achegan unha cantidade importante de ácido oleico procedente do aceite de cobertura".
Para preparar unhas deliciosas Sardiñas en aceite de oliva Pescamar con pisto, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas desardiñas en aceite de oliva Pescamar
- 1 cabaza mediana
- 2 pementos (un vermello e outro verde)
- 2 tomates
- 1 cebola
- Cuarto litro de caldo
- 2 dentes de allo
- Aceite de oliva
- Azucre, pemento doce e sal
Preparación:
Cortamos en anacos moi pequenos a cabaza (previamente pelada e retiradas as sementes), os pementos (sen sementes), a cebola e o allo. Os tomates tamén se pelan e retíranselle as sementes.
Primeiro, fritimos a cabaza e os pementos. Cando estean tenros, agregamos un pouco de sal e as sardiñas en aceite de oliva Pescamar. Pasamos o contido a unha cazola, quitando todo o aceite e conservándoa á calor.
No aceite usado, preparamos un rustrido coa cebola, o tomate e os allos picados. Sazonamos e vertemos sobre a cazola onde están as verduras e as sardiñas en aceite de oliva Pescamar.
Agregamos o pemento e un belisco de azucre para quitar a acidez do tomate. Engádese o caldo e deixamos ferver. Para que se fusione a mestura, mantemos un intre a lume lento.
Esta receita podemos completala cunhas patacas, previamente cortadas en rodas e cocidas, que podemos engadir á cazola xusto antes que as sardiñas, para que penetre a salsa.
Esta receita préstase a compartir en familia, como prato principal se é que engadimos as patacas, ou como entrante.
Nuns días, de novo os produtos do mar serán protagonistas nunha nova receita gourmet deConservas Pescamar.