Sara Montiel, a diva que namorou Hollywood, rodou unha das súas películas en Pontevedra

Pontevedra
08 de abril 2013

Morreu Sara Montiel, mito das décadas dos 50 e os 60, na súa casa do barrio de Salamanca de Madrid. Saltou ao estrelato coa película El último cuplé, unha das máis rendible da historia do cine español. Hoxe, con motivo do seu pasamento, queremos lembrar unha película en concreto Esa mujer que se rodou en Pontevedra. Foi no ano 1968  

Morreu Sara Montiel, mito do cinema das décadas dos 50 e os 60, na súa casa do barrio de Salamanca de Madrid. Nada na localidade manchega de Campo de Criptana o 10 de marzo de 1928 no seo dunha familia campesiña, saltou ao estrelato coa película El último cuplé, unha das máis rendible da historia do cine español.

Na súa filmografía tamén destacan outros títulos como La Violetera, Piel canela, Veracruz y Cárcel de mujeres. Con todo hoxe queremos recordar unha película en concreto, Esa muller que se rodou en Pontevedra. Foi no ano 1968. 

Nesa película, cuxo guión asinaba o escritor Antonio Gala, Sara Montiel interpretaba unha famosa tonadilleira de finais do século XIX que é acusada de asasinato. O proceso xudicial dará a coñecer o tremendo drama que foi a súa vida. Sendo misioneira foi violada e ultraxada, motivo que lle fixo volver a España onde foi abandonada por varios homes.

Naquela época, aínda que Sara Montiel xa perdera certo 'glamour' como estrela do cine español, os seus días de rodaxe en Pontevedra convertéronse en toda unha sensación para os pontevedreses. E tamén para os críticos. Moitos deles chegaron a recoñecer que se tratou dunha das mellores interpretacións da actriz tralo seu regreso de Hollywood.

Escenarios como o cruceiro das cinco rúas, a cafetería Carabela, a Praza da Ferrería, a Praza da Leña, ou a Praza da Estrela, coa igrexa de San Francisco ao fondo, foron as localizaciones escollidas polo director Mario Camus para ambientar unha película cuxas escenas foron, unha vez máis, recollidas por José Antonio Valero na Internet.