Con case unha semana de atraso pero Sanxenxo puido gozar ao fin do día grande do seu entroido, co desfile de adultos aprazado o pasado domingo 1 de marzo polo mal tempo.
Aproveitando esta vez si unha xornada amable no meteorolóxico, o roteiro dos participantes contou co apoio de numeroso público ao longo do percorrido.
O desfile transcorreu desde a Avenida Luís Rocafort, ata o porto de Portonovo nun percorrido de ao redor de 1.900 metros.
Segundo informou o Concello no seu momento, no desfile de adultos repartíanse 9.850 euros en premios entre as seis categorías a concurso: Individual, Parella, Grupo de ata 8 compoñentes, Grupo de 9 a 20 compoñentes, Fantasía (máis de 20 compoñentes) e Grupo de máis de 20 compoñentes.