Sanxenxo terá que pedir un préstamo se o Tribunal Supremo non admite o pago a prazos dos 9,6 millóns da sentenza de Rocafort

Sanxenxo
06 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar ao Concello de Sanxenxo o pago fraccionado dos 9,6 millóns de euros pendentes pola expropiación da leira de As Cunchas á familia Rocafort

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar ao Concello de Sanxenxo o pago fraccionado dos 9,6 millóns de euros pendentes pola expropiación da leira de As Cunchas á familia Rocafort.

O goberno local expresou o seu respecto ás sentenzas que houbo neste litixio, pero insiste en que non as comparte polo que reitera que esgotará a vía xudicial en defensa dos intereses dos veciños de Sanxenxo. 

O alcalde, Telmo Martín manifestou que "nunca entendimos que Sanxenxo teña que pagar por unha zona verde (1.700 metros cadrados) que, debido a alta edificabilidade lograda pola familia Rocafort, debería ser de cesión obrigada", asegura. "E xa moito menos incluir na expropiación un vial que é público dende hai case corenta anos e, por enriba, pagar un prezo como si se tratara dun solar para edificar", incide.

Pero unha vez que a sentenza de pago é xa definitiva, o Concello defenderá a posibilidade do pago a prazos no Tribunal Supremo porque considera que é a acción máis lesiva para as arcas municipais e que existen precedentes, nesta mesma expropiación, no que o fraccionamento de pago de máis de 4 millóns resolveuse de forma satisfactoria.

Este escenario xudicial non era desexable, pero si posible polo que o goberno xa contemplou diversas fórmulas para afrontar o pago no Orzamento de 2024. A débeda do Concello actualmente é 0 e iso permitiría asumir o pago do total da expropiación, mediante a solicitude dun crédito, pero causando como é comprensible un maior esforzo para as arcas municipais. 

Mentres prosiga a vía xudicial, o goberno local ten previsto abonar nos próximos días 1.275.000 euros, partida reservada xa no Orzamento para o pago, como demostración da intención en todo momento de pago e de acatamento da sentenza.