Sanxenxo será inflexible co cumprimento dos horarios de peche

Sanxenxo
23 de xuño 2019

Ante a aparición das primeiras queixas, o rexedor deu instrucións para "que se cumpra estritamente a lei" e corrixir esta situación fronte a aqueles locais da "movida" que aproveitan para "desmadrarse", sobre todo na zona portuaria de Sanxenxo

A Policía Local de Sanxenxo incorpora 33 auxiliares (arquivo)
A Policía Local de Sanxenxo incorpora 33 auxiliares (arquivo) / Concello de Sanxenxo

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asegurou que o Concello vixiará o cumprimento dos horarios de peche coa instrución de ser "menos flexibles" e garantir un "equilibrio entre ou descanso e a diversión".

Ante a aparición das primeiras queixas, o rexedor deu instrucións para "que se cumpra estritamente a lei" e corrixir esta situación fronte a aqueles locais da "movida" que aproveitan para "desmadrarse", sobre todo na zona portuaria de Sanxenxo.

A instrución foi trasladada polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, aos axentes da Policía Local.

Jaime Leiro xa entregou aos 33 auxiliares da Policía Local dos seus carnés de policía, na incorporación da totalidade ao persoal municipal.