Sanxenxo pide permiso a Costas para ter servizos en nove praias

Sanxenxo
18 de abril 2016

A Xunta de Goberno local aprobou este luns o plan de ocupación con servizos de tempada en praias que o Concello remitirá ao Servizo Provincial de Costas para a obtención da autorización pertinente

Playa de Silgar
Playa de Silgar / Mónica Patxot

O Concello de Sanxenxo pretende que o próximo verán 10 praias da localidade dispoñan de equipamentos, nos que se distribuirán un total de 13 quioscos, sete casetas para aparellos e unha para surf, 65 hidropedales, 350 tumbonas e parasoles e 32 piraguas

A Xunta de Goberno local aprobou este luns o plan de ocupación con servizos de tempada en praias que o Concello remitirá ao Servizo Provincial de Costas para a obtención da autorización pertinente. 

A proposta contempla a localización de tres quioscos para bar, de 20 metros cadrados, en Silgar, así como terrazas anexas aos mesmos de 30 metros cadrados, 28 hidropedais, 176 tumbonas e parasois e 12 piraguas. En Canelas está previsto colocar dous quioscos de 20 metros cadrados con senllas terrazas de 30 metros cadrados, 24 tumbonas e parasois, 14 hidropedais e 7 piragüas.

En Areas podería localizarse unha infraestrutura de 20 metros cadrados con terraza de idéntica superficie, ademais de 10 hidropedais, 50 tumbonas e parasois e 8 piragüas. Pola súa banda, en Baltar espérase situar un quiosco de 20 metros cadrados cunha terraza de 40 metros cadrados e en Paxariñas un quiosco de 12 metros cadrados cunha terraza de 20 metros cadrados, 5 hidropedais, 25 tumbonas e parasois e 5 piraguas. 

A solicitude de permiso para dous quioscos de 20 metros cadrados con terrazas de 30 metros cadrados, 50 tumbonas e parasois e 5 hidropedais en Montalvo, e para outro quiosco para bar de 20 metros cadrados cunha terraza de 30 metros cadrados en Major, que estará situado á zona que alberga os aseos, así como para 15 tumbonas e parasois e 3 hidropedais, está incluída no documento referendado pola Xunta de Goberno local.

Pragueira, onde podería instalarse un quiosco de 18 metros cadrados cunha terraza anexa de 30 metros cadrados; Foxos, que albergaría unha caseta de 20 metros cadrados con terraza de 30 metros cadrados, completan a petición.

O quiosco de Areas Gordas non foi incluído este ano no Plan de Ocupación ao detectar os servizos municipais de Urbanismo que a súa localización tradicional está fóra do dominio público marítimo-terrestre.

Tamén se pedirá autorización para unha terraza de 48 metros cadrados vinculada ao quiosco existente no Parque do Espiñeiro, no que se atopan os servizos públicos, así como unha situada na rúa Progreso de 30 metros cadrados ou  a terraza vinculada a un negocio de hostalería na rúa Ponte, en Portonovo. Tamén requiriu permiso para unha caseta para surf de 14 metros cadrados a instalar na zona da Lanzada.