A empresa municipal Nauta, que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo, lucirá desde este verán o primeiro distintivo 'S' de sustentabilidade turística.
Representantes do Concello recollerán esta nova certificación de calidade o próximo 31 de maio nun acto que se celebrará no Parador de Muxía.
Este novo distintivo súmase á Bandeira Azul, a Q de Calidade e a de Galicia Calidade.
Os obxectivos da entidade co seu plan de sustentabilidade son o control do consumo de auga a través de contadores para reducir a pegada hídrica ou reducir as perdas de auga.
Ademais, promoven o uso de enerxías renovables e de alta eficiencia, accións divulgativas sobre a contorna mariña, calcular a pegada de carbono e implantar sistemas de xestión ambiental.
Nese mesmo acto, Sanxenxo recollerá as 18 ‘Q’ de calidade turística que ondearán en 16 praias (A Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos y Paxariñas, Area de Agra, Bascuas e O Espiñeiro) e nas oficinas de Nauta e Turismo.
A implantación destas dúas certificacións, segundo destaca o goberno municipal, constitúe un elemento diferenciador que achega un valor engadido ao destino, mellorando a súa imaxe e reputación, así como a súa contribución á contorna sociocultural e ambiental que lle rodea.