Sanxenxo licita a construción do novo campo de fútbol de Dorrón

Sanxenxo
22 de maio 2019

É o único campo de terra que queda en Sanxenxo, polo que unha vez execútese esta primeira fase, faise necesaria unha segunda actuación, coa instalación de céspede no terreo de xogo

Concello de Sanxenxo
Concello de Sanxenxo / Mónica Patxot

O Concello de Sanxenxo publica no perfil do contratante para a súa licitación o proxecto de construción do campo de fútbol de Dorrón, cun orzamento que ascende a 472.132 euros.

É o único campo de terra que queda en Sanxenxo, polo que unha vez se execute esta primeira fase, faise necesaria unha segunda actuación, coa instalación de céspede no terreo de xogo.

O proxecto contempla a construción dunhas bancadas e da zona de vestiarios nova, así como o acondicionamento dunha zona reservada para a implantación de futuras instalacións como aseos públicos, despachos de billetes e un local multiusos-cafetería.

Actualmente o campo de futbol ten unhas dimensións de 96 metros de longo por 58 metros de ancho. E desde a directiva do club negociouse a compra de dúas parcelas, de 95 metros cadrados e de 45 metros cadrados, respectivamente, para poder ampliar o campo, de maneira que poida alcanzar os 100 metros de longo e os 60 metros de ancho.