Sanxenxo forma parte dun programa piloto posto en marcha pola Sociedade Estatal Española dedicada á Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Segittur) para informar os seus visitantes sobre protocolos de actuación e medidas tomadas para garantir a seguridade e o control sanitario.
Xunto ao municipio barcelonés de Santa Susana e o gaditano de Conil, a vila turística das Rías Baixas ofrecerá a través da plataforma Inventrip, na que xa suxerían roteiros, miradoiros ou praias; información sobre as medidas que o destino adoptou fronte á COVID-19.
Así calquera persoa que chegue a Sanxenxo poderá dispoñer desde o primeiro momento da toda a información que necesita para aproveitar ao máximo a súa estancia.
Os participantes neste programa terán a oportunidade de contar cun marco común e normalizado, con información relevante para gañar confianza e que se poderá transmitir por diferentes canles. Outra das vantaxes é que facilita a lectura e procesado da información por asistentes virtuais ao servizo do destino.
O plan estará en funcionamento este verán.