A xunta de portavoces do Concello de Sanxenxo decidiu por unanimidade a convocatoria dun pleno extraordinario para render homenaxe a Arturo Fontán Bouzas.
Este home, natural de Sanxenxo, faleceu o pasado luns día 15 de abril tras lanzase ao mar para socorrer a unha moza en apuros na praia de Tebeto no termo municipal de La Oliva.
Arturo residía coa súa muller e o seu fillo en Puerto del Rosario e puxo en xogo a súa vida por colaborar no rescate doutra persoa que demandaba auxilio "e é por iso que Sanxenxo estará eternamente agradecido", sinalaron desde o goberno local.
Telmo Martín, Gonzalo Pita, David Otero, Vanessa Rodríguez Búa, Coral González-Haba e Roberto Agís acordaron por unanimidade a celebración deste pleno extraordinario, de acordo coa viúva do falecido, o próximo 8 de maio, ás 12.00 horas.