Sanxenxo estima que a reforma do campo de fútbol de Dorrón custará 1,2 millóns

Sanxenxo
26 de marzo 2023

O proxecto inclúe colocación do céspede sintético de base elástica homologado pola FIFA, sistema de rega, iluminación, vestiarios, cantina, almacén, bancadas e peche perimetral. Ademais, acondicionarase a parcela exterior do campo como estacionamento con 24 prazas. A execución estímase en 8 meses

Campo de fútbol de Dorrón
Campo de fútbol de Dorrón / PontevedraViva

O goberno levará ao último pleno ordinario deste mandato do próximo luns a proposta de Alcaldía para a execución do novo campo de fútbol de Dorrón, como paso previo á súa licitación nas próximas semanas.

A obra valorada en 1.210.000 euros contempla a reforma integral das instalacións e a dotación de céspede de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7. 

O proxecto inclúe colocación do céspede sintético de base elástica homologado pola FIFA, sistema de rega, iluminación, vestiarios, cantina, almacén, bancadas e peche perimetral. 

Ademais, acondicionarase a parcela exterior do campo como estacionamento con 24 prazas. A execución da actuación estímase en 8 meses. 

O terreo de xogo contará cunha rede de rega con seis canóns de rotación lenta e constante con 10 estacións. A iluminación do campo de fútbol 11 proxéctase con torres de 20 metros de altura e 5 proxectores de 2.500 w asimétricos cada unha. Desta maneira conseguirase unha iluminación óptima para a práctica do fútbol. Colocaranse redes recollebalóns nos fondos do campo cunha altura de 6 e 4 metros nos fondos de fútbol 7.

En canto ao equipamento deportivo instalaranse 2 porterías de fútbol 11 de aluminio, 4 porterías de fútbol 7 de aluminio, 4 delas abatibles lateralmente, 2 bancos de xogadores con capacidade para 8 persoas mediante asentos plásticos e banderines de córner flexibles.

Ademais, executarase un novo peche na zona sur do campo e mellorarase o peche perimetral existente. Substituirase o actual portal de entrada.

O goberno contempla diversas opcións para executar a obra, entre elas, o renting, unha modalidade que xa se empregou no campo de fútbol do Revel e que conta coa vantaxe de que o mantemento durante o período establecido corre a conta da entidade arrendataria.