Sanxenxo converterase nun gran circo para animar a chegada do Entroido

Sanxenxo
10 de febreiro 2017

Unha semana antes do inicio do entroido, o sábado 18 de febreiro, Sanxenxo volverá acoller unha festa previa organizada pola asociación O Cubreiro e o Concello. Nesta ocasión, a vila converterase nun circo

Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo
Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo / PontevedraViva

Unha semana antes do inicio do entroido, o sábado 18 de febreiro, Sanxenxo volverá acoller unha festa previa organizada pola asociación O Cubreiro e o Concello. Nesta ocasión, a vila converterase nun circo.

Seguindo coa tradición, Sanxenxo converterase nun pobo temático, para o que os diversos e numerosos locais estarán ambientados este ano coa temática circense. 

Acróbatas, equilibristas, arlequíns, homes bala, escapistas, mulleres barbudas, malabaristas, mimos, forzudos, lanzadores de coitelos, monociclistas, funambulistas, contorsionistas, pallasos, titiriteros, tragasables, trapecistas, tragafuegos, zancudos, e outros artistas poderán verse en Sanxenxo nunha festa que pretende emular un espectáculo circense.

Nel, implicarase a hostalería local. A gran carpa será a rúa e as pistas do circo os locais "ambientados" para a ocasión, que ademais ofrecerán aos participantes a posibilidade de animar a festa coa súa variada oferta de tapeo.

 A Concellería de Cultura animará o ambiente cun pasarrúas para que todos os participantes gocen en familia desta festa.

A asociación O Cubreiro espera repetir o éxito de participación conseguido o ano anterior, xa que en cada edición aseguran que contan cunha maior afluencia de xente, tanto de persoas disfrazadas como non disfrazadas.

Arquivado en