Sanxenxo consolida a súa marca como destino de calidade sumando nesta edición 92 selos Sicted

Sanxenxo
27 de marzo 2014

A alcaldesa entregou este xoves os diplomas ás 18 empresas que se incorporan ao sistema e ás 8 que renovan a distinción bianual

Entrega dos selos SICTED
Entrega dos selos SICTED

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, presidiu este o xoves a entrega de distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino ás 18 empresas que lograron o selo nesta edición, así como ás 8 firmas que renovaron o galardón bianual. Coas novas incorporacións son xa 92 os galardóns conseguidos neste concello e que o converten no municipio de Galicia con maior número de certificacións SICTED.

A Administración local está moi implicada con este sistema promovido por Turespaña e do que o Concello de Sanxenxo é ente xestor dende 2005, encargándose o propio persoal municipal de formar, asesorar e avaliar ás empresas que pretenden integrarse no SICTED.

Á súa vez, organismos públicos como a Oficina Municipal de Turismo, o Servizo Local de Emerxencias, o Porto Deportivo Juan Carlos I, Turismo de Sanxenxo e as praias de Silgar, Baltar e Canelas, dispoñen dese distintivo, aos que se suma agora a Casa Mariñeira de Portonovo. Ademais entre os galardoados que recolleron o diploma na Sala Nauta Sanxenxo encóntranse catro hoteis-apartamentos, 2 bares-cafetaría, un restaurante e nove taxis, así como a Oficina de Turismo do CETS en Portonovo.