Sanxenxo celebrará o 8M cunha andaina pola igualdade

Sanxenxo
25 de febreiro 2020

Durante o percorrido faranse diversas paradas, concretamente dez, e lerase un texto sobre mulleres relevantes da sociedade española: Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Marcela Gracia e Elisa Sánchez, Isabel Barreto, Olimpia Valencia, María Áurea Rodríguez, Elisa Patiño, Urania Mella, María Luz Morales e Emilia Pardo Bazán

Xuntanza do CIM de Sanxenxo con asociacións de mulleres do municipio
Xuntanza do CIM de Sanxenxo con asociacións de mulleres do municipio / Concello de Sanxenxo

Unha homenaxe a todas aquelas mulleres que quixeron cambiar o ritmo da súa vida, a favor da igualdade e da xustiza social e a todas as persoas que a día de hoxe loitan por conseguir unha sociedade máis xusta. Ese é o espírito do Ruta de Igualdade que convocou o CIM de Sanxenxo para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 

A andaina arrancará o vindeiro domingo 8 de marzo, ás 10.30 horas, desde A Peixeira de Portonovo, en Caneliñas, en dirección Sanxenxo para terminar no miradoiro de Palacios.

Durante o percorrido faranse diversas paradas, concretamente dez, e lerase un texto sobre mulleres relevantes da sociedade española.

As protagonistas serán Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Marcela Gracia e Elisa Sánchez, Isabel Barreto, Olimpia Valencia, María Áurea Rodríguez, Elisa Patiño, Urania Mella, María Luz Morales e Emilia Pardo Bazán. 

Unha vez finalizado o roteiro, haberá un autobús de regreso que levará aos participantes ao punto de saída en Portonovo.