Sanxenxo amplía aos usuarios do centro de día o servizo de axuda no fogar

Sanxenxo
20 de abril 2020

A Xunta autorizou a ampliar as horas mensuais deste  progrma con motivo do estado de alarma, polo que o goberno local convida os usuarios afectados polo peche do centro de día a acollerse a esta  inicitava de  Servizos  Sociais que conta xa con dez novas altas

Xuntanza de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Sanxenxo
Xuntanza de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

O servizo de axuda no fogar do Concello de Sanxenxo ten a 47 familias beneficiarias ás que lle dedican un total de 1.680 horas mensuais. Con todo, 29 fogares solicitaron a suspensión do servizo cando se decretou a corentena como medida de prevención fronte ao coronavirus. 

Co obxectivo de fomentar a atención durante a época de confinamento, o goberno local habilitou un programa de emerxencia que permitiu ampliar en 286 mensuais a atención. A esta iniciativa extraordinaria acolléronse 14 familias, mentres que os 33 restantes mantéñense no programa ordinario.

Con todo, a Xunta autorizou unha ampliación do servizo de 1.740 horas mentres o estado de alarma estea vixente. Para aproveitar este reforzo conceden a posibilidade aos usuarios do centro de día, que permanece pechado desde días antes do inicio da alarma sanitaria, de acollerse a esta atención domiciliaria. Polo momento, xa o fixeron 10 dos 77 usuarios deste centro.

No referente ao servizo de atención psicolóxica que presta o departamento de Servizos Sociais, a psicóloga leva realizadas 84 chamadas desde o 16 de marzo. Na segunda quincena do mes de marzo realizou 51 delas, mentres que o resto producíronse en abril.

ratar problemas de ansiedade ou depresión adoita ser o motivo máis habitual das consultas.