Sanxenxo abre un censo de ayuda solidaria con los refugiados sirios

Sanxenxo
25 de setembro 2015

Un formulario que se pode descargar da web permitirá coordinar os recursos que achegará Sanxenxo á FEMP

Refuxiados sirios
Refuxiados sirios / Freedom House

O Concello de Sanxenxo sumouse á rede de municipios de axuda humanitaria aos refuxiados sirios posta en marcha pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, en coordinación coa FEMP, que puxo en marcha a Oficina de Coordinación Municipal de Atención ao Refuxiado.

Precisamente para coordinar co resto de municipio españois os recursos que Sanxenxo poñerá a disposición dos refuxiados, o Concello crea un rexistro para que os cidadáns poidan canalizar as achegas que desexen realizar para esta causa. E é que foron numerosos os cidadáns de Sanxenxo que mostraron xa a súa sensibilidade con este grave problema, a través das redes sociais e de forma directa, interesándose pola maneira de colaborar.

A partir deste venres e desde a web do Concello de Sanxenxo poderá descargarse un formulario no que cada cidadán terá a opción de contribuír solidariamente poñendo a disposición das persoas refuxiadas solucións de aloxamento provisional, así como recursos de manutención ou de axuda, que pode ser formativa, de xestión de trámites administrativos ou de transporte. 

Unha vez cubertos deberán ser entregados no Rexistro Municipal ou remitidos á administración local a través do correo electrónico refuxiadossiria@sanxenxo.es. Desde o Concello de Sanxenxo animan aos veciños para contribuír a este programa de axuda e a comunicar canto antes os datos, xa que a FEMP solicitou con urxencia o censo de recursos dispoñibles para poñer en marcha a acollida.

Arquivado en