Sanxenxo abre un punto informativo e de asesoramento a migrantes

Sanxenxo
30 de xaneiro 2025

O Concello asegura que se trata do primeiro servizo destas características no Salnés. A atención realízase unha vez ao mes na oficina de Servizos Sociais

Visita ao punto informativo e de asesoramento de migrantes en Sanxenxo
Visita ao punto informativo e de asesoramento de migrantes en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Axudar e facilitar a inclusión social dos migrantes afincados na comarca. É o obxectivo do punto informativo e de asesoramento que habilitou o Concello de Sanxenxo.

Asegura o goberno local que se trata de primeiro punto de atención destas características da comarca do Salnés.

Terá a súa sede nos Servizos Sociais do Concello en Portonovo, desde onde se atenderá os migrantes que o necesiten unha vez ao mes en horario de mañá e con cita previa.

Este servizo nace froito da colaboración entre Accem e o Concello de Sanxenxo a través do programa da Xunta de Galicia, Gadea. Será de feito a ONG a que prestará atención.

O punto de asesoramento para migrantes arrincou este mércores coa axenda completa até o próximo mes de marzo, aínda que coa posibilidade de ampliar a súa periodicidade se fose necesario.

"Este servizo que se pon en marcha hoxe en Sanxenxo supón un paso máis na atención e asesoramento ás persoas inmigrantes, achegarlle a administración e axudarlle a asentarse no municipio gracias a unha aposta decidida da Xunta de Galicia pola inclusión social", explicou Telmo Martín

Foi durante a visita ao punto de atención que o alcalde de Sanxenxo fixo acompañado do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, a concelleira Paz Lago e o responsable de Accem Galicia, Daniel Bóveda.

Este último destacou o papel das dúas avogadas de Accem que se encargarán do servizo e "que acompañan a estas persoas en diferentes situacións xurídicas e que chegaron a atender durante o ano pasado ata 90 migrantes".

O director xeral defendeu ademais "que esta oficina estea dende hoxe en Sanxenxo non é casualidade", tras su respuesta estos años acogiendo a migrantes que llegaban a España en plena emergencia humanitaria".

Asegurou que "é un logro que Sanxenxo conte con este servizo e que os migrantes non se teñan que desprazar as sedes das grandes ciudades".