Sanxenxo abre as inscricións para os desfiles de Entroido

Sanxenxo
27 de xaneiro 2020

A concellería de cultura do Concello de Sanxenxo publicou este luns as bases para participar nos concursos de disfraces, tanto infantil como adultos, que se van a desenvolver dentro da programación prevista para a celebración do Entroido

Desfile do Entroido 2019 en Sanxenxo
Desfile do Entroido 2019 en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

A concellería de cultura do Concello de Sanxenxo publicou este luns as bases para participar nos concursos de disfraces, tanto infantil como adultos, que se van a desenvolver dentro da programación prevista para a celebración do Entroido.

O desfile e concurso infantil celebrarase o mércores 26 de febreiro, e o de adultos o domingo 1 de marzo.

Desde a concellería están a ultimarse os detalles dunha programación, que será presentada nos próximos días, da man de diferentes asociacións do municipio que poñen a súa pincelada particular a cada unha delas.

Como cada ano, está previsto un percorrido diferente para cada un dos desfiles, co obxectivo de darlles unha caracterización propia. O desfile infantil, sairá o 26 de febreiro, ás 17.00 horas desde a avenida Rocafort ata a Praza dos Barcos. Un percorrido de 750 metros, fácil e chairo para os máis pequenos.

Repartiranse un total de 1.540 euros en catro categorías: Individual, Parella, Grupo de 3 e ata 10 compoñentes e Grupo de máis de 10 compoñentes.

O desfile e concurso de adultos, sairá o domingo 1 de marzo, ás 16.30 horas desde a Avenida de Luís Rocafort, ata o porto de Portonovo. Un percorrido de 1.900 metros, no que se congregará unha gran afluencia de público que ano a ano acode a gozar desta cita.

Repartiranse 9.850 euros distribuídos en seis categorías: Individual, Parella, Grupo de ata 8 compoñentes, Grupo de 9 a 20 compoñentes, Fantasía (máis de 20 compoñentes) e Grupo de máis de 20 compoñentes.

Os xurados para estes concursos serán os encargados de valorar os aspectos fundamentais que desde a organización considérase que debe reunir un disfrace: orixinalidade, atrezzo e posta en escena durante o desfile.

O prazo de inscrición iníciase este luns día 27 e permanecerá aberto ata o propio día de cada un dos desfiles.

 

Arquivado en