Santo Tomé terá campo de herba artificial: Deputación e Concello investirán 676.000 euros

Marín
21 de setembro 2013

A Deputación de Pontevedra aprobou un convenio de colaboración co Concello de Marín, coa Comunidade de Montes de Santo Tomé que preside Daniel Rosales e coa Agrupación Deportiva Santo Tomé que dirixe José Cidrás, para construir un campo de fútbol de herba sintética na localidade

A Deputación de Pontevedra aprobou un convenio de colaboración co Concello de Marín, coa Comunidade de Montes de Santo Tomé que preside Daniel Rosales e coa Agrupación Deportiva Santo Tomé que dirixe José Cidrás, para construir un campo de fútbol de herba sintética na localidade.

O importe da actuación será de 675.992 euros. A Deputación de Pontevedra aportará o 75% do importe total (506.994 euros) e o Concello o 25% restante (168.998 euros).

Pola súa banda, a Comunidade de Montes comprométese a poñer a disposición os terreos precisos para a obra e a AD Santo Tomé obrígase a permitir o uso do campo á Deputación, se así o considerase ésta, por un periodo de 5 días ao ano.

A obra implicará a instalación de herba sintética no terreo de xogo, colocación de iluminación, bancadas, vestiarios, marcadores e demais elementos precisos para a práctica do deporte.