Sanidade establece o nivel medio de restricións en Poio

Poio
22 de xuño 2021

Estas medidas, que supoñerán entre outras aspectos unha redución de aforos permitidos principalmente na hostalería, entrarán en vigor ás 0.00 horas do próximo sábado 26 de xuño

Xente gozando dun día asollado en Lourido
Xente gozando dun día asollado en Lourido /

O comité clínico da Xunta de Galicia acordou este martes elevar a Poio ao nivel medio de restricións ante a evolución actual da pandemia.

Esta decisión, con medidas que entrarán en vigor a partir das 0.00 horas do próximo sábado 26 de xuño, supoñerá entre outros aspectos unha redución de aforo en bares e restaurantes, pasando a ser do 30% máximo de ocupación no interior e do 50% nas súas terrazas.

Ademais recoméndase que os grupos de persoas non superen as seis persoas en espazos pechados e as quince persoas en espazos ao aire libre.

Xunto ao concello de Poio mantéñense no nivel medio Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños e Cambre, permanecendo o resto de municipios de Galicia no nivel medio baixo.

Segundo informou o Concello, este martes eran 21 os casos activos no municipio, tres máis que a xornada anterior.

A situación epidemiolóxica será avaliada de novo o vindeiro martes 29 de xuño.