A Asociación Amigos de San Xulián, coa colaboración da Comunidade de Montes de San Xulián e o Concello de Marín, organiza esta fin de semana as Festas da Virxe dos Remedios.
O programa de actos foi presentado pola concelleira Marián Sanmartín e o resto de representantes da asociación.
O venres 20, será a Festa da Xuventude a partir das 23.00 horas, amenizada polos DJs Rubén Díaz e Luis Vázquez.
O sábado 21, xa desde as 09.00 arranca o pasacalles para seguir coa sesión vermú, a cargo da Charanga 112. Ás 18.00 horas, animación infantil con Asacocirco e ás 20.00 horas, misa solemne, procesión e concerto, amenizado por Os Chaneiros. Finalmente, a gran verbena será a partir das 22.00 horas, co Trío Azabache (Recanteiros de Luar) e a Orquestra Magos.
O domingo, Día da Virxe dos Remedios, o pasacalles será a cargo da Charanga Alambique e ás 12.00 horas será a misa solemne e a procesión, seguida do concerto a cargo da banda de gaitas Airiños de San Xulián. Ás 19.00 horas, animación infantil con Isla Letrisca e ás 21.00 horas, será a Orquestra Triunfo a que anime a verbena. As festas rematarán ás 00.00 horas coa gran tirada de fogos de artificio.