Samosas fritas con mexillóns gourmet Pescamar

Pontevedra
04 de xaneiro 2020

Unha receita que nos trae os sabores da cociña oriental e coa que aproveitaremos todos os beneficios do mexillón, un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3

Samosas fritas acompañadas de salsa de iogur
Samosas fritas acompañadas de salsa de iogur / Kurman Communications, Inc. para Flickr

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os sabores da cociña oriental e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.

Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

A samosa é unha empanadilla frita ou enfornada con recheo salgado moi popular na India. En orixe, esta palabra significaba media lúa, pola forma que adoptan estas empanadillas, que tamén poden ser triangulares ou cónicas. Son un prato tradicional de varias zonas de Oriente Medio, Asia Central e o norte de África. As rutas do comercio fixeron que xa no século XIII a receita chegara á India, onde se elaboran as máis coñecidas samosas. A cociña hindú achegou o seu toque particular con especias, como a cúrcuma, e acompañamento de salsa de iogur.

Para preparar unhas saborosas Samosas fritas con mexillóns gourmet Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata demexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 100 gr. de gambas peladas cocidas

- 1 cebola pequena

- 2 dentes de allo machucados

- verduras variadas (ao gusto)

- 8 láminas de pasta filo

- 2 culleradas de fariña e auga

- 1/2 culleradiña de cúrcuma

- 1/2 culleradiña de curry

- 1/2 culleradiña de comiño

- 1/2 culleradiña de raiz de xenxibre

- 1/2 culleradiña de coandro picado

- Aceite de oliva

Elaboración:

En primeiro lugar, cociñamos os ingredientes do recheo. Para o que poñemos a quentar aceite nunha tixola, engadimos a cebola finamente cortada e os dentes de allo previamente machucados. Cando empecen a facerse, agregamos as especias e as verduras. Fritimos a lume lento. Retiramos do lume. Engadimos, as gambas peladas cocidas e cortadas en anacos e os mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar, previamente escorridos e picados. Mesturamos ben. Reservamos.

Estendemos as láminas de pasta filo e cortamos tiras duns 10 cm de ancho. Dobramos por un extremo ata formar un triángulo. Selamos os bordos cun chisco de auga con fariña. Volvemos dobrar para reforzar o triángulo. No cornete que se forma, introducimos a mestura que tiñamos reservada. Volvemos dobrar todo o que dea a masa, selando cun pouco de fariña e auga cada pregamento e as puntas finais.

Fritimos as samosas en abundante aceite quente ata que estean triscantes e marróns. Escorremos sobre papel de cociña.

As samosas podemos acompañalas dunha salsa de iogur e cogombro, colocada nun cunco.

En dúas semanas volvemos cunha nova proposta de "A cociña gourmet en conserva" cos produtos do mar de alta calidade de Conservas Pescamar.