Salvemos a Fracha alega contra a A-57 ante Fomento por afectar a todo o ecosistema da zona

Pontevedra
31 de maio 2014

A plataforma Salvemos a Fracha presentou alegacións ao estudo de impacto ambiental do proxecto da autovía A-57 no seu tramo Vilaboa ⿿ A Ermida, argumentando diversas anomalías na súa tramitación e, entre outras consideracións, que se verá afectado todo o ecosistema da zona, o hábitat ideal de determinados anfibios e plantas que agora se ven en perigo

Un exemplar de píntega rabilonga, especie ameazada pola A-57 segundo Salvemos a Fracha
Un exemplar de píntega rabilonga, especie ameazada pola A-57 segundo Salvemos a Fracha / Salvemos a Fracha

A plataforma Salvemos a Fracha presentou alegacións ao estudo de impacto ambiental do proxecto da autovía A-57 no seu tramo Vilaboa ⿿ A Ermida, argumentando diversas anomalías na súa tramitación e, entre outras consideracións, que se verá afectado todo o ecosistema da zona, coas súas numerosas minas de agua, regatos e pequenas agrupacións de carballos que conforman o hábitat ideal de determinados anfibios e plantas que agora se ven en perigo.

Para acreditar ese impacto á fauna e a flora da zona solicitouse a opinión de naturistas colaboradores do Atlas dos anfibios e réptiles de Galicia e a colaboración de Jaime Blanco Dios, membro do ⿿Grupo botánico e micolóxico galego Luis Freire⿿. Destacan a presenza da píntega rabilarga, unha especie endémica que é o anfibio ibérico máis ameazado, e a Succisa pinnafitida, unha das plantas en perigo de extinción da Península Ibérica. 

Na zona encontrouse outra especie vulnerable, a ra patilonga, e outros anfibios cuxa presenza podería verse seriamente alterada como son o Limpafontes común, o Limpafontes verde e a Ra verde. Así como insectos protexidos como o cervo voador, o gran capricornio, o escarabello rinoceronte europeo e o carabo galego. Todos eles están asociados ás carballeiras e en grave perigo de extinción.

O estudo de impacto ambiental do proxecto presentado polo Ministerio de Fomento, e  ao que presentou as súas alegacións Salvemos a Fracha, recoñece que "entre as especies identificadas destaca a presenza da píntega rabilarga", pero mantén que "dado que os cauces interceptados á cota na que nos atopamos son temporais, os hábitats existentes non parecen que sexan propicios para albergar poboacións notables desta especie". Os especialistas consultados pola plataforma non comparten esta última afirmación

Dende a plataforma denúnciase que a soa presenza destes pequenos habitantes sería motivo máis que suficiente para buscar outras posibles alternativas, como se fixo noutras ocasións, a un proxecto que tanto dano pode causar, sinalan, ao monte pontevedrés. A supresión de minas e a variación do hábitat poderían facer desaparecer estas especies endémicas.

Ademais, Salvemos a Fracha considera a A-57 unha vía inútil porque o tramo inicial que agora pretende facerse entre A Ermida e Vilaboa non permite comunicar as catro parroquias que atravesa (Marcón, Tomeza, Bértola e Figueirido); e non é útil para os veciños do casco urbano, que terían que desprazarse sete quilómetros pola N-550 para collela no enlace de Vilaboa. 

Sosteñen, ademais, que vai custar 84 millóns só neste tramo e sen contar coas expropiacións, ao que hai que sumar necesariamente outros dous trame os aínda máis custosos para comunicar Vilaboa con Curro, "unha inversión que sería máis útil para os pontevedreses se se destinase á liberalización da peaxe da AP-9".

Arquivado en