Salvar vidas, a nova materia do CEIP Carballal

Marín
31 de marzo 2017

O CEIP Carballal de Marín, xunto coa docente Pomba Pazos, decide impartir clases de salvamento maritimo e primeiros axulios aos alumnos de sexto de primaria.

Salvando a sua compañeira coa técnica do remolque
Salvando a sua compañeira coa técnica do remolque / CEIP Carballal

Desde o ano pasado o CEIP Carballal, na piscina municipal de Marín, realiza unha actividade dedicada a ensinar primeiros auxilios e salvamento acuático. Os alumnos de sexto de primaria son os beneficiados desta actividade, debido a que teñen unha hora menos lectiva de relixión en comparación ao resto de cursos. Por este motivo a Xunta decidiu desenvolver unha hora á semana de libre configuración.

Dous profesores ofrecéronse voluntarios para impartir outra materia. Unha docente é Paloma Pazos, formada para impartir clases de salvamento acuático e primeiros auxilios. Ademais afirma que "Quero que aprendan as técnicas básicas de salvamento acuático e primeiros auxilios". Por outra banda, consideran que grazas á proximidade da costa, os alumnos poden chegar a poñer en práctica todo o aprendido.

Aactividade é totalmente gratuíta grazas ás subvencións procedentes do concello e a piscina municipal proporciona todo o material necesario, menos os maniquíes de salvamento. Os alumnos márchanse ás 12:15 e regresan ás 13:40 horas. Para que lles de tempo de formalizar a actividade, aproveitan unha sesión de educación física, vinte minutos do plan lector e 15 minutos do recreo.

Por outra banda, é unha actividade obrigatoria para os alumnos, sendo avaliable e formando parte do expediente, cun valor do 30% da nota de educación física.