Salta o peche perimetral de Poio e acaba denunciado por conducir drogado, sen seguro e sen ITV

Poio
30 de xaneiro 2021

Axentes da Policía Local de Poio interceptaron un condutor pontevedrés que se saltou o peche perimetral imposto polas autoridades sanitarias. Sorprendérono nas inmediacións do centro comercial da Barca. Pero a sorpresa para os axentes chegou cando o identificaron

Control da Polícía Local de Poio na Barca
Control da Polícía Local de Poio na Barca / Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio interceptaron un condutor pontevedrés que se saltou o peche perimetral imposto polas autoridades sanitarias. Sorprendérono nas inmediacións do centro comercial da Barca.

Pero a sorpresa para os axentes chegou cando o identificaron. O condutor deu positivo en drogas, por consumo de cocaína e a documentación do coche tampouco estaba en regra.

Segundo informa a Policía Local, non tiña seguro nin tampouco pasara a ITV correspondente.

O coche quedou inmobilizado e o seu condutor perderá seis puntos do permiso de conducir. Ademais, polas drogas, o seguro e a ITV deberá pagar multas por 2.700 euros.

A este diñeiro sumarase a sanción que recibirá por incumprir o peche perimetral que, no caso de que non sexa reincidente, supoñeralle outros 600 euros.