Nesta nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar, imos elaborar unha receita tradicional de México, onde aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte.
O bonito do norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados, indicados para reducir os niveis de "colesterol malo". A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.
Para preparar unha saborosa Salsa de chiles con bonito do norte Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de bonito do norte en aceite de oliva Pescamar
- 1 tomate maduro
- 8 chiles pequenos (picantes ou doces, segundo o gusto)
- 2 dentes de allo
- Media cebola
- Reladura de lima (ou de limón)
- Pementa negra moída
- Ourego
- Salsa de soia (opcional)
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Follas de coandro
Elaboración:
Picamos a cebola e pasámola por aceite nunha cazola. Cando estea transparente, engadimos o tomate e os allos cortados todos eles en anacos pequenos.
Quitamos o rabo e as pebidas dos chiles e triturámolos.
Unha vez estea consumida a auga os tomates engadimos os chiles, a pementa negra, o ourego, a reladura de lima e un chorriño salsa de soia (opcional). Vertemos auga para terminar a cocción.
Retiramos do lume e, cando estea frío, incorporamos o bonito do norte en aceite de oliva Pescamar, previamente escorrido. Damos un só pase pola batedora para evitar que a salsa quede demasiado líquida.
Servimos nun cunco, decoramos con follas de coandro picadas e acompañamos con nachos para que os comensais poidan mollalos na salsa.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.