O Pontevedra Rugby Club puxo en marcha unha nova edición da súa Outubrofest.
Desde este xoves e até o 3 de novembro, a organización desta festa ofrece codillo e salchichas, diferentes variedades de cervexa e sidra.
O prato degustación inclúe tres variedades de salchichas alemás con ensalada ou chucrut e pan, por 8 euros, se son cinco as variedades de salchichas o prezo sube a 12 euros.
O codillo asado en forno de leña con chucrut ou patacas e pan custa 10 euros.
O bocadillo de salchicha de medio metro ten un prezo de 8 euros e para os que se atrevan co de un metro terán que pagar 14 euros. Tamén hai opcións veganas e sen gluten.
Os prezos das bebidas na Outubrofest van desde 1,50 a 8 euros.
A exposición de Leonardo Da Vinci obrigou a desprazar a carpa cara o interior da Alameda permitindo tamén que ampliase o seu tamaño.
Este xoves celebrouse Galloguin ata a medianoite (todas as xornadas finalizarán ás doce, agás o 3 de novembro, que será ás dez).
O venres, 1 de novembro, é o 'Día das familias', entregándose tamén o 'Premio máis que rugby'.
O sábado, 2 de novembro, haberá unha sesión de vermout especial e o domingo tocará despedirse até o ano que vén.