Salcedo reparte en dúas fins de semana a oitava edición do seu propio entroido

Pontevedra
05 de marzo 2020

O entroido pontevedrés aínda non terminou. Os encargados de ampliar a festa durante un par de semanas máis será a Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo que, ao longo das próximas fins de semana, organizará a oitava edición o Entroido da parroquia

A Semente de Salcedo no desfile do Entroido de Pontevedra (arquivo)
A Semente de Salcedo no desfile do Entroido de Pontevedra (arquivo) / Diego Torrado

O entroido pontevedrés aínda non terminou. Os encargados de ampliar a festa durante un par de semanas máis será a Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo que, ao longo das próximas fins de semana, organizará a oitava edición o Entroido da parroquia.

Os organizadores explicaron que, nesta ocasión, a festa dividirase en dous partes.

Así, o sábado 14 de marzo, a Casa Verde de Salcedo recibirá a tres das murgas que participaron na última edición do exitoso certame de Pontevedra. Serán Equipo Ja, Murga do Naveiro e Val do Lérez.

Antes de velas en acción, actuará o grupo Tradi'Sonssess e ao terminar haberá unha sesión DJ.

O día grande o entroido de Salcedo, co seu tradicional desfile, será o 21 de marzo.

A partir das 16.15 horas, as comparsas, grupos e demais participantes poderán inscribirse no desfile nas inmediacións do bar O Rei do Pincho. O desfile, que sairá da ponte do Carramal e pasará por O Cruceiro e A Igrexa antes de terminar na Casa Verde, será ás cinco da tarde.

As actividades concluirán co Enterro de Pichinela, a entrega de premios aos participantes do desfile e cun gran espectáculo musical que incluirá un DJ como festa final.

Arquivado en