O Concello de Ribadumia activou a venda de entradas para un dos eventos máis esperados cada ano na Festa do Viño Tinto, o Xantar de Confraternidade.
Trátase dunha das actividades con maior tradición dentro desta celebración, e que na pasada edición reuniu a preto dun milleiro de comensais.
O Xantar de Confraternidade celebrarase nesta ocasión o sábado 1 de xuño no pavillón de deportes de Barrantes, cun menú a base de empanada, polbo e carne ao caldeiro, con rosca e amorodos con viño tinto de sobremesa.
Como novidade, este ano as mesas estarán numeradas para unha mellor orgnización.
O único punto de venda de entradas habilitado é o propio Concello de Ribadumia, en horario de 8.00 a 15.00 horas.