Sabela Aguión, alumna do SEK-Atlántico, premio extraordinario de Bacharelato

Poio
20 de setembro 2023

Vinte estudantes de toda Galicia foron galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato do curso 2022-2023, en recoñecemento ao seu excelente resultado académico. Unha delas é Sabela Aguión, alumna do SEK-Atlántico, a única premiada na comarca

Sabela Aguión, premio extraordinario de Bacharelato do curso 2022-2023
Sabela Aguión, premio extraordinario de Bacharelato do curso 2022-2023 / SEK-Atlántico

Vinte estudantes de toda Galicia foron galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato do curso 2022-2023, en recoñecemento ao seu excelente resultado académico. Unha delas é Sabela Aguión, alumna do SEK-Atlántico, a única premiada na comarca.

Recibirá 1.000 euros e un diploma acreditativo. Esta distinción, ademais, será anotada no seu expediente académico, segundo recollen as bases do galardón. Están exenta da matrícula no seu primeiro curso universitario e poderá participar no premio extraordinario nacional.

Os requisitos legais para poder presentarse a estes galardóns eran que os estudantes cursasen segundo de Bacharelato en Galicia, ben en modalidade presencial ou a distancia, e que a súa media académica fose igual ou superior a 8,75 puntos. 

A proba realizouse o pasado 14 de xuño e constaba de dúas partes.

A primeira delas consistía nunha análise e nun comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario; e en responden cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un idioma estranxeiro.

A segunda supoñía desenvolver temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de troncais cursadas polo alumnado, a elixir entre Matemáticas, Matemáticas Aplicadas a Ciencias Sociais, Latín II ou Fundamentos da arte.

No total das probas, Sabela Aguión obtivo 25 puntos dos 30 posibles

Sabela Aguión foi alumna do SEK-Atlántico desde 2017, ano no que empezou a cursar primeiro de ESO. En segundo de Bacharelato obtivo unha media de 10 puntos e 13,32 puntos na súa nota final de acceso á universidade.

Agora está a empezar o Grao de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.