Sábado de terraceo con bo tempo e sen incidentes

Pontevedra
17 de maio 2020

A ausencia de incidentes e o respecto ás novas normas de seguridade foi a regra xeral e alí onde non se puido manter a distancia interpersoal empregáronse máscaras e mesmo luvas

A Policía Local vixía unha terraza na praza da Verdura
A Policía Local vixía unha terraza na praza da Verdura / Diego Torrado

As ganas dos pontevedreses por recuperar a normalidade reflectíase este sábado no animado ambiente das terrazas. A primeira fin de semana na Fase 1 da desescalada veu con sol e altas temperaturas. Diante deste reclamo moitos cidadáns animáronse a ocupar algún dos veladores abertos sen que lles importase que só se puidese utilizar a metade do aforo ou que o interior do local estea vedado para o uso.

A ausencia de incidentes e o respecto ás novas normas de seguridade foi a regra xeral e alí onde non se puido manter a distancia interpersoal empregáronse máscaras e mesmo luvas.

Entre os hostaleiros comentan que o inicio da actividade aínda non é rendible para moitos bares que manteñen as persianas baixadas e as mesas amontoadas esperando ata o próximo día 25, cando comece a Fase 2 e se poida utilizar o interior dos locais. Outros afirman que se animaron a abrir máis por motivos psicolóxicos que por razóns económicas.

A Policía Local estivo vixiando o cumprimento das recomendacións sanitarias aínda que os máis estritos foron os coñecidos como "policía de balcón" tomando fotografías e gravando vídeos cando crían detectar algunha irregularidade que, xeralmente coincidía cando algunhas persoas achegábanse a saudar a coñecidos sentados nas mesas.

Con todo, a imaxe durante todo día foi de establecementos cheos de clientela, veciños gozando do bo tempo e cumprimento das pautas aconselladas.