Sábado 10 de agosto, cita co pan na Carballeira de Ribadumia

O Salnés
04 de agosto 2024

O alcalde, David Castro, representantes e concelleiros do goberno local, así como representantes das panadarías do municipio, o pintor Pepe Noya, membros do grupo de teatro "Alecrín" e outros colaboradores que, ano tras ano, participan na realización desta festividade, presentaron a programación desta edición

O alcalde David Castro presentou a Festa do Pan
O alcalde David Castro presentou a Festa do Pan / Concello de Ribadumia

A XXI Festa do Pan regresa o sábado 10 de agosto á Carballeira de Ribadumia.

O alcalde, David Castro, representantes e concelleiros do goberno local, así como representantes das panadarías do municipio, o pintor Pepe Noya, membros do grupo de teatro "Alecrín" e outros colaboradores que, ano tras ano, participan na realización desta festividade, presentaron a programación desta edición.

A Festa do Pan de Ribadumia é un evento gastronómico co pan como principal protagonista.

A primeira edición levouse a cabo no verán de 2001. Este ano, a festa terá lugar con estas actividades:

17:00 horas: Recollida de sobremesas e empanadas para o XXI Concurso de Sobremesas Caseiras Elaboradas con Pan e para o XIII Concurso de Empanadas de Millo.

18:30 horas: Actividades infantís relacionadas coa elaboración de pan.

19:30 horas: Espectáculo infantil "Cartóons".

20:00 horas: Catas das sobremesas caseiras e empanadas de millo a concurso.

20:30 horas: Saída cara aos muíños de Batán, acompañada polo grupo de teatro "Alecrín", para unha mostra teatral.

A continuación, levarase a cabo a representación da "moenda do millo do país", mostrando as diferentes fases de elaboración do pan de millo.

22:00 horas: Entrega de premios aos finalistas dos concursos na Carballeira, inicio da degustación de diversas variedades de pan e unha cea de confraternidade con música tradicional. Tamén haberá animación para toda a familia con inchables.

23:30 horas: O dúo Caribe animará a verbena.

00:00 horas: Degustación gratuíta de queimada.

Durante a festa, os asistentes poderán degustar diversas delicias gastronómicas, acompañadas do delicioso "pan de millo" de O Salnés.

Entre as opcións se inclúen ovos fritidos por 2 euros, viño tinto de O Salnés a 2.50 euros e papas de fariña ou chulas a 1 euro. Ademais, haberá empanada, polbo e sobremesas a prezos populares.