Rueda vincula o cambio de plans de Ence coas "dificultades" que atopa no Concello

Pontevedra
07 de marzo 2017

Tras coñecerse os novos plans de Ence para Lourizán -con menos investimento da comprometido e a paralización da planta de biomasa-, comezaron a sucederse as reaccións desde o ámbito político. O primeiro en pronunciarse foi o vicepresidente da Xunta. Alfonso Rueda

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia / Mónica Patxot

Tras coñecerse os novos plans de Ence para Lourizán -con menos investimento da comprometido e a paralización da planta de biomasa-, comezaron a sucederse as reaccións desde o ámbito político.

O primeiro en pronunciarse foi o vicepresidente da Xunta. Alfonso Rueda recoñece que a planta de biomasa autorizada polo Goberno instalarase en Huelva pero sinalou que iso non significa que, "como xa o tiña anunciado Ence", a pasteira vaia a renunciar a unha instalación deste tipo en Pontevedra.

O goberno galego estará "vixiante", destacou Rueda, para que Ence cumpra o pacto ambiental asinado coa Xunta o ano pasado, que recollía tres millóns de euros anuais para axudas sociais, a achega de 15 millóns para o saneamento da ría e unha serie de investimentos na fábrica "independentemente da biomasa".

O vicepresidente galego, en todo caso,lamentou que as "dificultades" que atopa Ence no concello de Pontevedra para "desenvolver o seu labor" poidan ser o detonante desta decisión empresarial, xa que en Navia (Asturias) e en Huelva "non as ten".

"Ence terá que explicar se esa é a razón pero supoño que influirá", apuntou o político pontevedrés, que lembrou que "ás veces" se a compañías deste tipo poslles "impedimentos" levan os seus investimentos "para outro lado. "

A unha empresa que crea postos de traballo, dixo Alfonso Rueda, "hai que darlle facilidades e non poñerlle dificultades de todo tipo". Así o fixo a Xunta, reiterou, para que tras a concesión da prórroga ata 2073 a empresa "implicárase moito máis" coa comarca de Pontevedra.

Arquivado en