Rueda reitera no Parlamento a súa aposta pola comarcalización dos parques de bombeiros municipais

Pontevedra
21 de novembro 2017

Coas medidas concretas que ten estudado o goberno galego, e que detallou Rueda, poderíase aumentar do 65 ao 90% a porcentaxe de territorio galego cuberto en menos de 20 minutos polos servizos de emerxencias

Alfonso Rueda no Parlamento de Galicia
Alfonso Rueda no Parlamento de Galicia / Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu este martes no Parlamento galego para presentar as propostas da administración autonómica para mellorar a coordinación e xestión das emerxencias en Galicia.

Coas medidas concretas que ten estudado o goberno galego e que detallou Rueda, poderíase aumentar do 65 ao 90% a porcentaxe de territorio galego cuberto en menos de 20 minutos polos servizos de emerxencias.

A Xunta propón avanzar en dúas frontes. Por unha banda, na comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades, e por outra banda, tamén se propón a creación de novos servizos para a atención ás emerxencias nas zonas deficitarias, e que precisarían de servizos específicos.  Actualmente, xa se teñen identificado, polo menos, cinco novos servizos necesarios.

Rueda apelou á cooperación das deputacións, "que son as competentes en materia de emerxencias".